Xa se pode probar Fuchsia, o novo sistema operativo de Google

Google anunciou hai un tempo o novo sistema operativo para dispositivo móbiles chamado Fuchsia, desenvolto desde cero e deixando o kernel de Linux de lado. Para isto, Google creou Magenta, que será o seu propio kernel.

No vídeo podemos ver cal será o fututo dos nosos terminais, e Armadillo, que así se chama a nova interface de usuaria que nos amosa como será a multitarefa baseada nun sistema de tarxetas o que suporá un cambio total no xeito de interectuar cos nosos aparellos.

Un dos puntos fortes de Fuchsia é a capacidade de traballar de xeito fluído sen grandes especificacións de hardware, engadido ás propias posibilidades do hardware actual, agardamos que a velocidade de carga e transicións melloren sustancialmente.

Kyle Bradshaw, foi o encargado de facer unha pequena compilación e compartir con todas nós un apk que podemos descargar e así probar de primeira man cal será o futuro de Android.

OLLO: no momento de facer este artigo a ligazón estaba caída máis agardamos que axiña volva a estar dispoñíbel.

Sobre o autor

Reply