Simyo rebaixa o prezo dos bonos de chamadas ilimitadas

Os últimos meses non foron os mellores para Simyo, que froito da dura competencia foi limitando o seu crecemento. Por iso a compañía vén de establecer unha medida de choque, a rebaixa do prezo do bono de chamadas ilimitadas, que no mellor dos casos supón un aforro de 13,50 euros ao mes.

Con estes cambios, as tarifas con chamadas ilimitadas quedan como comentamos a continuación:

  • 1 GB + chamadas ilimitadas: 16 €/mes no canto dos 18,50 € [-2,50 €]
  • 2 GB + chamadas ilimitadas: 18 €/mes no canto dos 23 € [-5 €]
  • 3 GB+ chamadas ilimitadas: 20 €/mes no canto dos 25 € [-5 €]
  • 5 GB+ chamadas ilimitadas: 24 €/mes no canto dos 29,50 € [-5,50 €]
  • 10 GB+ chamadas ilimitadas: 29 €/mes no canto dos 42,50 € [13,50 €]

Con este movemento Simyo axusta os seus prezos para parecerse á oferta de Lowi e Tuenti, as marcas de baixo custe de Vodafone e Movistar, que están a captar moitas usuarias que foxen das altas tarifas das grandes marcas, e que supoñen unha boa opción para quen tan só precisa unha liña móbil, sen converxencia.

Sobre o autor

Reply