Xiaomi Mi6 Lite podería chegar co Snapdragon 660

Xiaomi non ten paraxe, e rara é a semana na que non aparecen novas sobre rumores ou lanzamentos de produtos. Mención á parte, ben merece a inmensa listaxe de productos que comercializa Xiaomi, pasando por cafeteras até scooters eléctricos. Pero este é outro tema.

Hoxe queremos falarvos da máis ca posible aparición unha versión reducida en especificacións no Mi6, o Mi 6 Lite. Este terminal tería o novo procesador de Qualcomm para a gama media, o Snapdragon 660 que foi presentado estes días.

Do resto de características pouco sabemos, pero na imaxe filtrada vemos na caixa que contaría con 6GB de RAM e 64GB de memoria interna. Nada mal para o que hoxe entedemos como versión Lite.

Veremos en que se concreta este rumor, e se o Mi 6 Lite ve a luz e con que características.

Sobre o autor

Reply