Lowi anuncia a súa proposta converxente con fibra e móbil por 37 euros / mes

Lowi, a marca low cost de Vodafone, é unha das empresas que máis destaca no mercado por ofrecer tarifas de móbil sen complicacións, cunha oferta configurábel, moi competitiva e sen permanencia.

Agora Vodafone vén de dar un paso máis anunciando que en cuestión de semanas pasará a ofrecer a través de Lowi unha interesante oferta converxente a moi bo prezo. Este servizo de Lowi contará cunha conexión de fibra de 50 Mbps + móbil con chamadas ilimitadas, así como unha cantidade variábel de datos. O prezo dependerá precisamente da cantidade de datos móbiles contratados da seguinte maneira:

  • 50 Mbps + chamadas ilimitadas (desde o móbil) + 1 GB, por 37€/mes
  • 50 Mbps + chamadas ilimitadas (desde o móbil) + 2 GB, por 39€/mes
  • 50 Mbps + chamadas ilimitadas (desde o móbil) + 3 GB, por 41€/mes
  • 50 Mbps + chamadas ilimitadas (desde o móbil) + 4 GB, por 43€/mes
  • 50 Mbps + chamadas ilimitadas (desde o móbil) + 5 GB, por 45€/mes
  • 50 Mbps + chamadas ilimitadas (desde o móbil) + 8 GB, por 47€/mes

O que non ofrecerá Lowi será o teléfono fixo ou a televisión, aínda que manterá os beneficios habituais que xa coñeciamos da oferta móbil, como os datos non consumidos acumulables, a baixada de velocidade ao rematalos ou a posibilidade de seguir navegando á máxima velocidade por 1 € extra cada 200 MB.

Nesta ligazón, deixámosvos información máis polo miúdo e mesmo un formulario no que deixar os vosos datos para recibir información personalizada, pois estas tarifas converxentes non se poderán contratar até dentro de 2 semanas.

Sobre o autor

No Responses

Reply