bq abre o período de pre-reserva do novo X Pro

bq anunciou hai cousa dun par de meses dous novos smartphones, o Aquaris X e o Aquaris X Pro. Ambos modelos supoñen un importante paso adiante para a compañía en termos de deseño e prestacións, o que implica unha clara aposta por ter no seu portfolio modelos da chamada gama media premium.

Especificacións

bq Aquaris X bq Aquaris X Pro
Pantalla 5,2 polgadas FullHD (1080 x 1920, 424 ppp) 5,2 polgadas FullHD (1080 x 1920, 424 ppp)
Procesador Qualcomm Snapdragon 626 (Octacore a 2,2 GHz) Qualcomm Snapdragon 626 (Octacore a 2,2 GHz)
RAM 3 GB 4 GB
Memoria 32 GB (+ microSD 256 GB) 64/128 GB (+ microSD 256 GB)
Cámaras 16 Mpx con f/2.0 / 8 Mpx con f/2.0 12,1 Mpx con f/1.8 / 8 Mpx con f/2.0
Batería 3100 mAh con carga rápida 3100 mAh con carga rápida
Outros USB Tipo C, lector de pegadas dixitais USB Tipo C, lector de pegadas dixitais..

En liñas xerais, ambos modelos son moi semellantes en canto a hardware, mais o certo é que existen diferenzas entre o modelo estándar, o Aquaris X , e a versión Pro. Como se pode ver no cadro comparativo anterior, a versión Pro mellora a RAM, que sube até os 4 GB, a capacidade de memoria interna (64 ou 128 GB ampliábeis) e a cámara.

Neste último aspecto, cámbiase o sensor de 16 megapíxeles por un modelo de 12,1 megapíxeles con apertura f/1.8, co que as imaxes conseguidas en ambientes nocturnos van ser superiores.

O bq Aquaris X está á venda desde hai unhas semanas por 279 euros, mais agora vén de abrirse o período de pre-compra do X Pro. Este modelo ten un prezo de 359,90 € e está dispoñíbel en dúas cores. As usuarias que fagan esta pre-reserva comezarán a recibir o dipositivo a partir do 8 de xuño.

About The Author

Reply