Como era de imaxinar, Google Allo intégrase con Duo

A separación de Allo e Duo nunca tivo sentido, e quizais por iso Google vén de repensar todo e integrar Duo de maneira natural dentro de Allo, pasando a ser unha única aplicación coa que podermos mandar mensaxes e tamén facer videochamadas cos nosos contactos.

Ademáis a actualización do Allo trae máis novidades, entre as que destacan a posibilidade entrar nun grupo vía código QR ou cunha ligazón coma xa incorpora Whatsapp e outras aplicacións de mensaxería instantánea.

Se con isto non é abondo, Allo trae outra novidade, que é a posibilidade de personalizar Google Assistant desde a propia app, facilitándolle datos persoais como a idade, sexo ou a cidade para que poida ir aprendendo para converterse no noso asistente de cabeceira.

Polo de agora, están incorporando estas novas funcionalidades de Allo de xeito escalonado e pouco a pouco iremos recibindo todas estas novidades nos nosos trebellos.

Sobre o autor

Reply