O Galaxy S8 chega ás 10 millóns de unidades vendidas

Samsung está de noraboa. En aproximadamente un mes, Samsung conseguiu vender máis de 10 millóns de unidades do seu Galaxy S8, dato obtido da suma das vendas dos dous modelos, o S8 e S8+.

A cifra é sorprendente, non polo dato illado, senón porque posto en contexto, o seu predecesor (o Galaxy S7) tardou uns 7 meses en acadar esta cifra de venta. Ademáis temos que ter en conta de que o Galaxy S8 en calquera das súas variantes, aínda non está presente en todos os mercados, e aínda ten que chegar a diferentes territorios, polo que se poñemos todas circunstancias en conxunto, podemos supoñer que o S8 será un supervendas durante o ano 2017.

Sen dúbida unha boa nova para Samsung, logo do mal recordo que deixou o Note 7, pois pertence a unha das principais familias da súa oferta.

About The Author

No Responses

Reply