Tuenti deixa de cobrar polo exceso de datos

Cando rematamos os datos móbiles da nosa tarifa poden darse dúas circunstancias: que a nosa operadora baixe a velocidade de navegación ou ben que nos cobre polo exceso, xa sexa a custe por mega ou por bloques adicionais.

Tuenti era desas compañías que tiñan como estratexia cobrar polos datos consumidos fóra do bono contratado, mais este mes vén de cambiar de parecer para permitir ás usuarias navegar a velocidade reducida (64 kbps). A estas velocidades e outras inferiores que ofrecen outras compañías, a experiencia non é boa, mais polo menos permite seguir en contacto a través de aplicacións como WhatsApp.

En calquera caso, e como até o de agora, Tuenti permirá engadir bonos de datos adicionais cos que poder seguir navegando á máxima velocidade. No concreto, pódense contratar 250 MB por 1,50 € ou 1 GB por 6 €, que rematado o ciclo de facturación non serán acumulables para o mes seguinte, como si acontece con Lowi.

 

About The Author

Reply