Que é un Whatsapp sen o emoji do burro?

Non pode ser, amigas, isto non pode ser!!! A estas alturas da vidapodemos cruzar o mundo nun día e falar instantaneamente con persoas que están a centos de quilómetros de distancia mais… aínda non temos emoji do burro!!??!!?

Tranquis, non toleamos de todo (aínda que o pareza). O que acontece é que queremos animarvos a participar nunha iniciativa proposta pola Casa Grande de Xanceda a través da plataforma change.org. Nesa web piden a nosa colaboración para darlle pulo e conseguir que WhatsApp conte cun emoji tan senlleiro como o do burro.

Xa sabedes, se queredes participar nesta iniciativa tan só teredes que premer nesta ligazón a change.org onde podedes atopar unha pequena lenda que fala da motivación desta proposta, ademáis de asinar para acadar o obxectivo, claro!

Sobre o autor

Reply