Huawei anuncia as novas tablets MediaPad M Lite e T series

Huawei vén de anunciar o lanzamento de dúas novas liñas tablets, as Huawei Media Pad M Lite e a T series, da que forman parte varios modelos que destacan polo seu pouco grosor e lixeireza, ademais de por levar Android 7.0 Nougat, a última versión de Android.

Dispoñíbeis en versións de 7,8 e 10,1 polgadas con resolución Full HD (1920 x 1200 píxeles), as novas tablets de Huawei incorporan altofalantes estéreo e smart PA chips para ofrecer un son moito máis nítido, ademais de baixa distorsión e unha experiencia moito máis inmersiva.

Huawei tamén mellorou a súa interface de usuario (EMUI 5.1 for Pad OS), cun deseño máis limpo e simplificado que permite, entre outras cousas, o uso con pantalla dividida en dúas partes para poder empregar dúas aplicacións ao mesmo tempo.

Todos estes modelos estarán dispoñíbeis proximamente no noso país, aínda que o prezo non foi desvelado.

Sobre o autor

No Responses

Reply