“Ángela protéxete”, unha app para irmos máis segura no día a día

Hoxe queremos falarvos dunha aplicación que coñecemos hai uns días. Chámase Ángela Protéxete, e o seu obxectivo fundamental é irmos máis seguras pola rúa e avisar ás persoas que desexemos se chegamos ben á casa ou se, pola contra, tivemos algún problema.

Basicamente, Ángela Protéxete é unha aplicación de xeolocalización na que, de primeiras, temos que engadir o que chama “números de confianza”, é dicir, os números das persoas que queremos informar. Despois temos o “botón antipánico”, que como o seu propio nome indica serve para avisar de que nos atopamos en perigo. Ao activar este botón a nosa localización será proporcionada para que acodan na nosa axuda o antes posíbel.

Ademáis contamos con outra funcionalidade que se chama “Volve á casa segura”, que activamos nós cando queremos que as persoas que designemos coñezan onde estamos e lles mande unha notificación cando estemos de volta na casa.

Somos conscientes de que pode chegar a ser unha app controvertida no caso de uso non axeitado, pois esteremos permanentemente localizadas (sempre se queremos), pero a idea coa que foi desenvolta pode axudar a moitas persoas con problemas de violencia machista ou calquera persoa que se atope nunha situación complicada, cousas tan habituais como pode ser un accidente de tráfico.

No caso de que queirades probar esta aplicacións, podesdes facelo de balde desde a Play Store, premendo na seguinte ligazón.

About The Author

Reply