Asus anuncia nova tablet, a Zenpad 3S 8.0

O fabricante taiwanés Asus vén de anunciar en Taipei o lanzamento da súa nova tablet, a Asus Zepad 3S 8.0, un modelo con pantalla de oito polgadas e interior potente, pensando nas usuarias que queren sacarlle todo o partido a un dispositivo destas características.

No concreto, a pantalla é un panel de 7.9 polgadas con resolución QHD e tecnoloxía VisualMaster. No seu interior leva un procesador Qualcomm Snapdragon 652, xunto cunha configuración de 3 GB de RAM e 32 GB de memoria interna ou 4 GB de RAM e 64 GB de interna, que en ambos casos poden ser ampliados mediante tarxetas microSD.

No apartado multimedia, temos unha cámara principal de 13 megapíxeles, con lente de 5 aumentos e apertura f/2.0, así como o seu correspondente flash LED. Para a dianteira, Asus escolleu un sensor de 5 megapíxeles con tecnoloxía PixelMaster. A batería sitúase nos 4680 mAh de capacidade, e vén con Android 7.1.1 Nougat e a personalización propia do fabricante, ZenUI 3.5.

En canto á súa dispoñibilidade, polo de agora Asus non confirmou datas nin prezos, polo que haberá que agardar aínda unhas semanas para ter todos os datos.

Vía

Sobre o autor

Reply