Fíltranse as características do novo Moto E4

Lenovo está a piques de lanzar o Moto E4, a cuarta versión do terminal básico da saga “Moto”, que desta vez ve moi mellorados algúns dos seus aspectos a costa de manterse na mesma liña no que a potencia se refire. Estamos a falar dun terminal de entrada básico, iso si, que sube até un prezo de aproximadamente 165 euros.

O cambio máis salientábel atopámolo nas memorias, ao integrar 2 GB de memoria RAM e 64 GB de memoria interna, ampliábel mediante tarxetas microSD de até 128 GB. A pantalla é de 5 polgadas con resolución HD (720 x 1080) e o procesador un Mediatek MT6737M, de catro núcleos a 1,5 GHz.

A nível fotográfico atopámonos con dúas cámaras, a principal de 8 megapíxeles con enfoque automático e flash LED, mentres que no caso da cámara frontal temos un sensor de 5 megapíxeles. Ambas cámaras son normaliñas, e de seguro darán uns resultados aceptábeis, pero nada máis diso. A batería fica nos 2800 mAh e o sistema operativo é Android 7.1.1 Nougat.

A pesar de practicamente coñecérmonos case todos os detalles do trebello, a presentación oficial está fixada para o próximo 17 de xullo. Ese día saberemos se toda esta rumoroloxía é certa e tamén cando chegará ás tendas. Que vos parece?

About The Author

Reply