O LG X Power 2 sae á venda no noso país por 249 euros

LG leva ano e pico especializando a súa gama media, cunha serie de terminais sinxelos nos que cada un destaca por unha característica concreta, como pode ser a pantalla, a cámara ou, neste caso, a batería. Falamos do LG X Power 2, a segunda versión deste modelo no que focalizan a atención na autonomía.

O trebello integra unha pantalla de 5,5 polgadas con resolución HD e tecnoloxía In-Cell Touch. No seu interior atopámonos cun procesadord de 8 núcleos a 1,5 GHz, 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna ampliábeis mediante microSD.

A cámara principal é de 13 megapíxeles e a frontal de 5 Mpx, con gran angular e flash tipo LED. O sistema operativo é Android 7.0 Nougat e a batería que incorpora de 4500 mAh, unha capacidade coa que as usuarias poderán gozar de máis de dous días de autonomía sen moito esforzo.

En canto á súa dispoñibilidade, pódese mercar nos principais establecementos de electrónica por 249 euros en negro, titan, dourado e azul.

Sobre o autor

Reply