Tuenti multiplica por 3 os datos no verán sen subir o prezo

As usuarias de Tuenti, a operadora móbil virtual propiedade de Telefónica, están de noraboa, pois a compañía vén de anunciar a súa promoción de verán, grazas á cal verán multiplicados por 3 os gigas incluídos nas súas tarifas.

Actualmente as tres tarifas de Tuenti (LOL, OMG e WTF) ofrecen 1, 4 ou 7 GB de datos por 6, 14 ou 21 euros respectivamente, que se poden combinar con chamadas a 0 cént/min cun establecemento de 20 cént/chamada ou bonos de 50 ou 120 minutos ou chamadas ilimitadas.

Deste modo, coa promoción veraniega as clientas de Tuenti gozarán de 3, 12 ou 21 GB de datos ao mes até setembro, sen que isto implique subir o prezo da cota ou ter que activar unha promo con custe, como adoita acontecer con este tipo de ofertas nas operadoras tradicionais.

Que vos parece?

Sobre o autor

Reply