Samsung C10, así sería o primeiro terminal de Samsung con dobre cámara trasiera

Se todo vai segundo o previsto, o Samsung Galaxy C10 será o primeiro terminal do fabricante surcoreano en contar con dobre cámara traseira, aínda que habería que agardar ao Galaxy Note 8 para ver esta solución nun dispositivo de alta gama.

Esta información procede da filtración dun vídeo no que aparece o que sería o render do novo Galaxy C10, co cal debemos tomala con precaución, xa que de aquí á súa presentación pode variar. Porén, son varias as voces ás que apuntan á veracidade destas informacións, e máis cedo que tarde Samsung fará oficial este trebello, esvaecendo así toda suposición.

O Galaxy C10 conta cun acabado en metal e un deseño que, indiscutivelmente, lembra a un dos seus predecesores, o Galaxy C9 Pro. No lateral esquerdo teríamos tres botóns físicos (dous para os controis de volume e un adicional para Bixby, o asistente de Samsung), mentres que na parte dereita estaría o de acendido. Así mesmo, tamén se deixa ver o conector USB Tipo C.

Cómpre agora saber que novidades traerá a aplicación desta dobre cámara, pois no mercado existen opcións que combinan un sensor en cor cun monocromo, dous a cor a modo de gran angular ou unha solución para dar xogo a desenfoque máis profesionais. Para iso debemos agardar á súa presentación

About The Author

Reply