Lenovo adianta o Moto Z2 Play, que chega con novos Moto Mods

Durante o IFA de Berlín do ano pasado, Lenovo anunciou o lanzamento do seu Moto Z, un dispositivo de gama media premium do que esta semana vimos de coñecer o seu sucesor, o Moto Z2. Malia que a grandes rasgos o seu deseño lembra ao modelo orixinal, o certo é que mellora en diferentes aspectos.

Na parte traseira do trebello Lenovo mudou o cristal da versión orixinal por aluminio, aínda que mantén os conectores para os Moto Mods, os módulos cos que Lenovo permite engadir funcionalidades extra ao dispositivo.

A pantalla é un panel Super AMOLED Full HD de 5,5 polgadas, e aínda que o resto de especificacións non foron detalladas, o fabricante si que informou de que dispón dun procesador de 8 núcleos e batería con capacidade para 30 horas de duración con sistema de carga rápida.

Novos Moto Mods

O novo Moto Z2 é compatíbel con módulos adicionais que aumentan as posibilidades do trebello, e Lenovo aproveitou a presentación para dar a coñecer algún dos novos módulos que chegan este ano.

  • Moto Game Pad. Convirte o móbil nunha consola portátil, engadindo mandos de control dual, D-pad e os catro botóns de acción.
  • JBL SoundBoost 2. Este módulo, con 10 horas de autonomía, é impermeábel e permite escoitar música en calquera sitio.
  • Moto Mod TurboPower. Trátase dun módulo de carga rápida (até 15W) que, á súa vez, tamén ten carga rápida.
  • Style Shell. Engade carga rápida sen cables.

Dispoñibilidade e prezo

Lenovo evitou falar de datas concretas ou prezos, aínda que será ao longo do ano cando cheguen a diversos spaíses de Europa, entre eles o noso. Que vos parece?

Sobre o autor

Reply