Facebook estrea a reacción coa bandeira LGTBI (pero hai que activala)

Xa pasaron varios meses desde que Facebook estreou as reaccións, multiplicando así as posibilidades das usuarias á hora de expresar as emocións ante calquera actualización de estado ou publicación. A pesar do seu éxito, na compañía seguen a traballar no xeito de expandir as súas posibilidaes.

Aproveitando a celebración do mes do Orgullo, Facebook vén de habilitar unha nova reacción consistente na bandeira LGTBI, que poderemos empregar en calquera publicación, como o resto de reaccións. Porén, esta non vén preactivada.

Para conseguilo, unicamente debemos visitar a páxina oficial de LGTBI de Facebook e darlle ao “gústame”. A partir dese momento xa teremos activa a nova reacción para poder usala ao noso antollo. Descoñecemos se Facebook ten previsto manter esta nova opción logo do mes do Orgullo ou se vai ser algo temporal, polo que se queredes probala recomendámovos que as activedes o antes posíbel

About The Author

Reply