O Honor 9 xa é oficial, e chega con 6 GB de RAM

Honor, a marca alternativa de Huawei, vén de anunciar o lanzamento dun novo terminal. Trátase do Honor 9, un dispositivo do que xa se foran filtando moitas das súas especificacións nas últimas semanas, pero que até o de agora non foi presentado.

O novo Honor 9 destaca por contar cunhas prestacións de gama media-alta, mais sobre todo polo seu deseño e acabados premium. Incorpora unha pantalla 2.5D de 5,15 polgadas e resolución FullHD (1920 x 1080 píxeles) e no interior leva un procesador Kirin 960 de 64 núcleos, xunto con 4 ou 6 GB de memoria RAM e 64 ou 128 GB de memoria interna, segundo versións.

No aspecto fotográfico temos un sistema de cámara dobre, cun sensor de 20 megapíxeles e outro de 12 Mpx. O primeiro é en branco e negro, mentres que o de 12 é RGB, unha solución semellante á que xa vimos en dispositivos como o P10 ou Mate 9.

A batería sitúase nos 3200 mAh de capacidade (con carga rápida), e leva NFC e lector de pegadas dixitais. En canto ao sistema operativo, temos Android 7.0  Nougat coa personalización EMUI 5.1.

Dispoñibilidade e prezo

O novo Honor 9 estará dispoñíbel en varias cores (dourado, azul, negro e gris) a nível global. Haberá un total de tres versións, atendendo ás opcións de memoria, cuxos prezos aproximados son os seguintes:

  • 4 GB de RAM + 64 GB: uns 340 dólares.
  • 6 GB de RAM + 64 GB: uns 400 dólares.
  • 6 GB de RAM + 128 GB: uns 440dólares.

Que vos parece?

Sobre o autor

Reply