Pecha Carrefour Móvil, un dos primeiros OMV

Cando se abriu o mercado dos OMV, Carrefour foi das primeiras empresas en sumarse ao carro. Corría a época no que numerosas empresas decidiron probar sorte no mundo das telecomunicacións cunha estratexia de compra de minutos e datos ao por maior, para logo revendelos aos seus clientes a prezos máis baixos.

Como Carrefour, as operadoras móbiles virtuais conseguiron baixar os prezos da telefonía no noso país, unha tendencia que hoxe segue a manterse. Porén, o panorama é hoxe moi diferente, xa que moitas destas OMV desapareceron o outras acabaron en mans das catro grandes compañías como marcas comerciais low cost destas.

A Carrefour Móvil os números non lle daban, polo que vén de anunciar o seu peche para o próximo 31 de decembro, data na que interrumpirán de forma permanente a prestación dos seus servizos de telefonía. Segundo informan na propia nota, a principal causa é a imposibilidade de ofrecer paquetes converxentes ADSL + móbil ou fibra + móbil, produtos máis demandados polas usuarias na actualidade.

Para facilitar as cousas á súa clientela, Carrefour Móvil chegou a un acordo con Orange (compañía da que usa a rede) para facer portabilidades pouco traumáticas e poder suscribir un contrato semellante na nova compañía. Porén, como é lóxico, as usuarias poden escoller calquera outra compañía para facer a portabilidade mantendo o seu número.

Máis info | Carrefour

 

Sobre o autor

Reply