Vodafone anuncia a incorporación de novos terminais de marca propia ao seu catálogo

Vodafone leva xa varios anos ofrecendo no seu portfolio de dispositivos varios terminais baixo a súa propia marca, a chamada serie Smart. A compañía vén de renovar a listaxe coa incorporación de novos modelos, de gama media e gama entrada. Son un total de catro dispositivos, tres teléfonos (Vodafone Smart V8, N8 e E8) e unha tablet (Vodafone Smart Tab N8).

Vodafone Smart V8

O Vodafone Smart V8 é o dispositivo máis punteiros dos catro. Sendo un modelo de gama media, nel atopamos características punteiras, como a compatibilidade co 4G+ a 300 Mbps, o sensor de pegadas dixitais ou o NFC para os pagos móbiles.

Está equipado cunha pantalla de 5,5 polgadas Full HD, protexida con DragonTrail. No seu interior leva un procesador Qualcomm Snapdragon 435 de oito núcleos, xunto 3 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna ampliábeis mediante tarxetas microSD de até 128 GB.

No apartado fotográfico temos unha cámara principal de 16 megapíxeles e un sensor frontal de 8 Mpx, con flash dual. A batería é de 3000 mAh e vén con Android 7.1.

Estará dispoñíbel en color “cold metal” e pódese mercar libre ou en prepago por 224 euros. Quen prefira ilo pagando aos poucos, teno dispoñíbel por 5 € e unha cota de 8 €/mes durante 24 meses coa tarifa One M. Esta tarifa inclúe fibra a 50 Mbps ou ADSL, chamadas a dixos, móbiles e entre a familia, 10 GB de datos e Chat Zero, Roaming na EU, Estados Unidos, Noruega, Islandia, Liechtenstein, Suiza, Albania e Turquía, Vodafoen TV Total con HBO 3 meses gratis por 64 euros ao mes.

Vodafone Smart N8

O Smart N8 leva unha pantalla IPS de 5 polgadas con resolución HD (720p). No seu interior dálle vida un procesador MediaTek (en concreto o modelo MT6737, de catro núcleos a 1,25 GHz), xunto con 1,5 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna ampliábeis mediante tarxetas microSD.

A cámara traseira é de 13 megapíxeles, con flash LED, e a frontal de 5 Mpx. Completando a listaxe de especificacións temos unha batería de 2400 mAh, lector de pegadas dixitais (situado na parte traseira), NFC e Android 7.o Nougat como versión do sistema operativo.

Como pode apreciarse, con estas especificacións é un dispositivo enmarcado dentro da gama entrada ou básica. Porén, Vodafone non quixo que as usuarias ás que vai dirixido este trebello tiveran que renunciar a prestacións como o lector de pegadas dixitais ou o NFC, seguramente pensando en que poidan empregar o seu sistema de pagos móbiles, Vodafone Wallet.

O Vodafone Smart N8 custa 132 euros, libre ou en prepago. Tamén está dispoñíbel por a prazos por 5 € e 24 cotas de 4,5 € coa tarifa One M (64 €/mes).

Vodafone Smart E8

O último dos tres smartphones anunciados por Vodafone é o Smart E8, un modelo máis básico.  Neste caso temos un dispositivo con pantalla de 5 polgadas, procesador Qualcomm Snapdragon 210 de 4 núcleos, 1 GB de RAM e 8 GB de memoria interna (ampliábeis até 128 GB con microSD). A cámara principal 5 megapíxeles e a batería de 2200 mAh.

Ao ser o máis sinxelo tamén é o máis económico. Poderase conseguir no mes de xullo por 83 euros ou por 0 euros e 24 cotas de 3 € con Vodafone One S (Fibra 50 megas + móbil con chamadas ilimitadas e 6 GB) (53 €/mes)

Vodafone Smart Tab N8

Vodafone tampouco quixo esquecerse das tablets, neste caso cun modelo de 10 pogladas con 4G que destaca polo seu altofalante estéreo frontal. Internamente, leva un procesdor MediaTek de 4 núcelos, 2 GB de RAM, 16 GB de memoria interna (ampliábeis) e batería de 4600 mAh. As cámaras son de 5 e 2 megapíxeles.

Esta tablet chegará no mes de xullo e, polo de agora, os eu prezo non foi desvelado.

 

About The Author

Reply