Amena incorpora unha oferta converxente fibra + móbil por 41 €

A mediados de maio Lowi, a operadora de baixo custe de Vodafone, anunciou a súa oferta converxente, consistente en fibra 50 megas (sen teléfono fixo) e móbil con chamadas ilimitadas e opcións desde 1 GB (37 €/mes) até os 8 GB (47 €/mes). Apenas un mes despois é a quenda de Amena, a marca low cost de Orange, a que fai propia unha oferta semellante.

A diferenza de Lowi, que ofrece un total de 6 combinacións de prezo (dependendo de se se queren 1, 2, 3, 4, 5 ou 8 GB de datos móbiles), Amena unicamente propón dous plans:

  • Amena fibra 50 Mbps + 3 GB (40,95 €/mes). Inclúe fibra 50 / 5 Mbps, chamadas ilimitadas a fixos e móbiles desde o móbil e 3 GB de navegación.
  • Amena fibra 50 Mbps + 8 GB (45,95 €/mes). Inclúe fibra 50 / 5 Mbps, chamadas ilimitadas a fixos e móbiles desde o móbil e 8 GB de navegación.

Amena ofrece teléfono fixo e ten permanencia dun ano, a diferenza da opción de Lowi, que prescinde do fixo e non obriga a permanecer un tempo na compañía. En canto a prezos, Amena sempre resulta simbolicamente máis económica, 5 céntimos ao mes no caso da opción con 3 GB e 1,05 € / mes no caso da de 8 GB.

A nova proposta converxente de Amena xa está dispoñíbel para a súa contratación en liño a través da súa páxina web.

Sobre o autor

Reply