Simyo engade un “bono chat” para uso exclusivo de WhatsApp e Telegram

Recentemente Vodafone engadiu ás súas tarifas “chat zero“, un servizo polo cal todo o consumo de datos realizado polas aplicacións de mensaxería instantánea (como WhatsApp, Telegram ou Messenger) non consumen os gigas da tarifa contratada, de maneira que aínda que non teñamos datos poderemos seguir enviando e recibindo fotos, vídeos ou mensaxes de voz a máxima velocidade e sen custes extra.

A primeira operadora en responder a esta proposta é Simyo, unha das marcas do paraugas Orange. Simyo vén de lanzar un “bono chat”, un produto adicional que por 0,99 € achega ás usuarias 300 MB de datos exclusivos para consumir por WhatsApp ou Telegram.

A compañía puntualiza que este bono non inclúe o consumo por chamadas ou vídeochamadas a través de WhatsApp (aínda que, curiosamente, as chamadas de voz de Telegram si que están incluídas). Así mesmo, no caso de rematar cos 300 MB deste bono, as aplicacións pasarían a consumir o plan de datos contratado pola clienta.

Sobre o autor

Reply