As usuarias do Santander xa poden pagar a través de Samsung Pay

As usuarias do Banco Santander que posúan un terminal Samsung compatíbel co sistema de pagos Samsung Pay xa poden empregar este servizo e pagar as súas compras co teléfono, co que aumenta notabelmente o número de potenciais usuarias.

Até o de agora Samsung Pay era compatíbel con Abanca, CaixaBank, ImaginBank e o Banco Sabadell, o que limitaba a súa expansión, mais agora tamén as usuarias do Santander tamén poderán pagar nos establecementos dotados de terminais de cobro contactless, así como sacar cartos nos caixeiros compatíbeis.

Para poder empregar Samsung Pay as usuarias tan só deberán dar de alta as tarxetas de débito ou crédito nos terminais Samsung compatíbeis, que no caso do noso país son os Galaxy S8 / S8+, os S7 / S7 Edge, os S6 / S6 Edge / S6 Edge+ e os A5 2016 e A5 2017.

Sobre o autor

Reply