Honor 9, un terminal con dobre cámarae 6 GB de RAM

Honor, a marca alternativa de Huawei, presentou esta semana o Honor 9, un trebello no que se combina o deseño coas prestacións, especialmente no aspecto fotográfico (con sensor de dobre cámara) e na potencia, onde temos 6 GB de memoria RAM.

Especificacións

O Honor 9 leva unha pantalla IPS de 5,15 polgadas con resolución FullHD (428 píxeles por polgada) e no interior leva un procesador de fabricación propia, o modelo Kirin 960, xunto con 4 ou 6 GB de memoria RAM e 64 ou 128 GB de memoria interna ampliábeis mediante tarxetas microSD.

No aspecto fotográfico Honor implementou o sistema de dobre cámara que está a ser habitual en toda a gama media premium e superior de Huawei, con sensores de 12 megapíxeles (RGB) e 20 megapíxeles (monocromo) na parte traseira, e unha cámara de 8 megapíxeles na parte frontal.

Como sistema operativo leva Android 7.1 (Nougat) coa capa de personalización EMUI 5.1. Complementando a listaxe de especificacións temos unha batería de 3.200 mAh con carga rápida, USB Tipo C, NFC, lector de pegadas dixitais e Bluetooth 4.1.

Dispoñibilidade e prezo

O Honor 9 poderase mercar a partir do mes de xullo con 4 GB de RAM e 64 GB de almacenaxe interna por 449 euros a través de vMall, a tenda online oficial da compañía. Ademais haberá outras dúas versións, unha con 6 / 64 GB e outra con 6 / 128 GB, que polo de agora só chegarán ao mercado chinés.

En canto ás cores, poderase mercar en negro, gris, azul ou dourado.

Sobre o autor

Reply