O Samsung Galaxy Note7 Fan Edition sae á venda o 7 de xullo

Desde hai varios meses sabemos que Samsung prepara o relanzamento ao mercado dos Galaxy Note7 vítimas do famoso Notegate, que finalmente vai poñerse á venda este venres 7 de xullo baixo o nome de Galaxy Note7 Fan Edition.

Os resultados das investigacións que levaron a cabo tanto Samsung coma outros organismos independentes concluíron que a causa das explosións ocorridas en certas unidades foron debidas a dous problemas diferentes coas baterías, polo que as unidades reacondicionadas levan unha batería de menor tamaño e capacidade para evitar problemas.

Este é o único cambio dun terminal que está equipado cunha pantalla de 5,7 polgadas Super AMOLED con resolución 1440 x 2560 píxeles e protección Corilla Glass 5, procesador Exynos 8890 octa core, 4 GB de memoria RAM e 64 GB de almacenaxe interna ampliábeis mediante tarxetas microSD.

A cámara principal é de 12 megapíxeles e a frontal de 5 Mpx, ambas as dúas con f/1.7. Leva lector de pegadas dixitais (dianteiro) e identificación por iris. O máis importante, a súa batería, é de 3200 mAh fronte os 3500 mAh iniciais.

Dispoñibilidade e prezo

Nun primeiro momento vai sair á venda este venres 7 de xullo en Corea do Sur por uns 530 euros ao cambio, e polo de agora non se sabe se Samsung ten previsto sacalo ao mercado noutros territorios coma o noso.

Segundo confirma o fabricante, os Galaxy Note7 Fan Edition inclúen algunhas características software dos novos Galaxy S8 / S8+, o máis destacado a presenza de Bixby, o seu propio asistente.

Sobre o autor

Reply