Novo Wiko WIM, con cámara dual de 13 megapíxeles e frontal de 16

O fabricante francés Wiko vén de anunciar un novo terminal de gama media premium, no que aposta por un sistema de cámara dual traseira de 13 megapíxeles codesarrollada con Qualcomm R e DxO, que ademais incorpora un sistema de estabilización de vídeo. Trátase do Wiko WIM.

O trebello leva unha pantalla AMOLED de 5,5 polgadas, curvatura 2.5D e resolución Full HD. No seu interior leva un procesador Qualcomm Snapdragon 626 xunto con 4 GB de memoria RAM e 64 GB de memoria interna.

No aspecto fotográfico cabe destacar, a demais da xa citada dobre cámara traseira, a presenza dunha cámara frontal de 15 megapíxeles con flash LED tenue e múltiples modos para as selfies.

Completando a listaxe de especificacións do novo trebello de Wiko temos NFC para pagos móbiles, lector de pegadas dixitais frontal e unha batería de 3200 mAh de capacidade con sistema de carga rápida Qualcoom Quick Charge 3.0. O sistema operativo é Android 7.1 Nougat, personalizado coa capa habitual de Wiko.

Así mesmo, Wiko tamén anunciou unha versión “Lite” do novo WIM. Este modelo leva unha pantalla de 5 polgadas, 32 GB de memoria interana e unha cámara principal de 13 megapíxeles.

Dispoñibilidade e prezo

O novo Wiko WIM chegará ao mercado por 449 euros, mentres que o WIM Lite custará 229. Está previsto que ambos se poñan á venda o próximo 15 de xullo.

About The Author

Reply