Oceans estrea promoción de verán en ADSL e fibra

A operadora galega Oceans estrea promoción de verán, unha oferta que está destinada aos produtos de ADSL e fibra óptica 100 Mbps, aplicábel até o 31 de agosto de 2017. Así mesmo, tamén aumenta a 300 Mbps as conexións de fibra óptica 100 Mbps.

Os produtos que se benefician desta promoción son todos aqueles que inclúen ADSL até 20 Mbps e fibra óptica 100 Mbps, é dicir, tanto aos produtos de Internet con e sen liña fixa, e aos de converxencia Único e Engloba. Todos eles veranse beneficiados dun 20% de desconto aplicábel até o 31 de agosto, e para beneficiarse unicamente hai que formalizar a a contratación antes de que remate a promoción.

Por outra banda, a promoción de verán de Oceans tamén inclúe a subida das conexións de fibra 100 Mbps a 300 / 300 Mbps para sempre. Por poñer un exemplo, calquera combinación de produto de converxencia Único con Fibra Óptica 100 Mbps pasará a 300 Mbps para sempre, sempre que a contratación sexa efectiva antes do 31 de agosto.

Estas ofertas aplícanse tanto a clientes particulares como aos plans de empresa.

Sobre o autor

Reply