Novos UMIDIGI Z1 e Z1 PRO, outros impresionantes terminais chineses

Desde China veñen moitos dos terminais que temos hoxe en día no mercado, algúns dos cales sorprenden polas súas especificacións de infarto. Hoxe toca falar de UMIDIGI, unha marca pouco coñecida que anunciou hai uns días dous novos modelos que darán que falar. Son o Z1 e o Z1 PRO, teléfonos con 4000 mAh de batería en tan só 6,95 mm de grosor.

Os trebellos incorporan unha pantalla de 5,5 polgadas e no interior levan un procesador MediaTek MT6757 Helio P20, (oito núcelos a 2,3 GHz), xunto con 6 GB de memoria RAM e 64 GB de memoria interna. As cámaras son de 13 e 5 megapíxeles, e a batería de 4000 mAh. Tamén dispón de sensor de pegadas dixitais situado na parte dianteira.

Unha das principais diferenzas entre ambas versións témola na pantalla. Mentres a versión Pro leva un panel con resolución 1920 x 1080 píxeles AMOLED, curvatura 2.5D e protección Corning Gorilla 4, o Z1 integra un pantalla coa mesma resolución mais de tipo LCD e fabricada por Sharp.

Como sistema operativo levan Android 7.0 Nougat, cunha personalización de software do fabricante. O grosor do Pro sitúase nuns escasos 6,95 mm, mentres que o Z1 chega aos 8,2, que tamén están moi ben se temos en conta a capacidade da batería.

Ambos os dous trebellos xa se poden mercar a través de varias páxinas de importanción. o Z1 custa uns 230 euros ao cambio e o Z1 Pro, do que só haberá 1000 unidades, algo menos de 270.

Sobre o autor

Reply