LG Q6: así son os novos terminais sen marcos da gama media de LG

Co LG G6 no mercado desde hai xa varias semanas, LG vén de anunciar a súa nova familia de móbiles LG Q6, formada por tres dispositivos de gama media que destacan polo seu deseño, que inclúe unha pantalla na que os marcos son practicamente inexistentes.

Os tres modelos que conforman esta nova familia son o Q6a, Q6 e Q6+, trebellos que nos lembran ao LG G6 no que claramente foron inspirados, aínda que cun tamaño máis compacto e sen a dobre cámara traseira nin o lector de pegadas dixitais. O resto de prestacións tamén se ven recurtadas.

A pantalla é un panel FullVision de 5,5 polgadas con resolución 2160 x 1080 e ratio 18:9, e no seu interior leva o procesador Qualcomm Snapdragon 435, 2 / 3 / 4 GB de memoria RAM e 16 / 32 / 64 GB de memoria interna. A batería é de 3000 mAh.

No apartado fotográfico contamos cunha cámara principal de 13 megapíxeles, mentres que a frontal queda nos 5 Mpx con sistema gran angular. O conector de carga é microUSB e como sistema operativo leva Android 7.1.1 con personalización LG UX6.0.

Dispoñibilidade e prezo

Cada un dos tres modelos distínguese pola súa memoria RAM e o espazo de almacenaxe interna, sendo o LG Q6a o modelo máis modesto (2 / 16 GB), o LG Q6 o intermedio (3 / 32 GB) e o LG Q6+ o máis avanzado (4 / 64 GB).

LG confirmou que o LG Q6 chegará ao noso país durrante a primeira semana de agosto por 349 euros, mentres que o LG G6+ faráo o 15 de setembro a un prezo aínda por determinar. Do que non hai novas é do LG Q6a, polo que quizais este modelo non chegue a poñerse á venda en Galiza.

About The Author

Reply