O Honor 6A chega ao noso país por 169 euros

Hai unhas semanas Honor anunciou na China o lanzamento dun novo modelo, o Honor 6A, un dispositivo de gama media que agora chega ás tendas do noso país cun prezo bastante interesante: 169 euros.

O trebello incorpora unha pantalla HD de 5 polgadas con resolución 720p, e no seu interior leva un procesador Qualcomm Snapdragon 430 con GPU Adredo 505, xunto con 2 / 3 GB de memoria RAM e 16 / 32 GB de memoria interna, ampliábeis mediante tarxetas microSD.

No apartado fotográfico temos unha cámara traseira de 13 megapíxeles e unha frontal que queda nos 5 Mpx. A súa batería é de 3020 mAh e como sistema operativo trae Android 7.0 Nougat xunto con EMUI 5.1.

O seu prezo contido non lle impide contar con características bastante interesantes e case imprescindíbeis hoxe en día, como o lector de pegadas dixitais ou  a conectividade 4G con VoLTE

Dispoñibilidade e prezo

Como xa comentamos, o trebello xa está dispoñíbel para mercar no noso país por 169 euros. Pódese adquirir tanto en negro como en gris nos puntos de venda habituais e tamén a través da operadora Orange, que xa o comercializa por 9 euros ao mes, dependendo da tarifa escollida.

About The Author

Reply