Orange encarece o “4G en casa” e sube o número de gigas

Coa chegada do verán son moitas as usuarias que pensan en servizos de conexión por móbil alternativos ás redes fixas de fibra óptica ou ADSL, aínda que este tipo de conexións tamén fan avío a quen non ten acceso a conexións fixas de calidade.

Das poucas alternativas existentes para estes casos, unha das máis coñecidas é a de “4G en casa” de Orange, unha opción que até o de agora ofrecía 35 GB de datos por 34,95 €/mes. Porén, a compañía vén de aumentar o prezo chegando aos 39,90 €/mes, aumentando tamén a cantidade de datos até os 50 GB.

O prezo inclúe o router WiFi 4G necesario, e tamén comporta un compromiso de permanencia de 12 meses, tempo no que as usuarias pagarán 60 euros máis ao mes ca coa oferta actual.

Amena, a alternativa na propia casa

Curiosamente a mellor alternativa a esta opción atopámola dentro do paraugas de marcas da compañía, en concreto en Amena. A marca low cost de Orange ofrece un servizo semellante por 29,95 €/mes nos que se inclúen 40 GB de datos.

Neste caso é obrigatorio mercar o router para usar o servizo (custa 59 euros), mais non ten ningún tipo de permanencia.

Sobre o autor

Reply