Toda a información do LG Q8, o novo trebello de LG

Días atrás LG anunciou o LG Q6, un dispositivo que vén a ser un LG G6 “mini”. Hoxe, pola contra, toca falarmos do LG Q8, un trebello que vai na liña contraria, resultando algo máis ambicioso e incluíndo dobre pantalla frontal.

O dispositivo incorpora unha pantalla LCD principal de 5,2 polgadas con resolución QHD e un LCD secundario de 160 x 1040 píxeles. No seu interior leva un procesador Qualcomm Snapdragon 820 a 2,15 GHz e Adreno 530, 4 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna ampliábeis mediante microSD de até 2 TB.

No apartado fotográfico, na parte traseira temos un sensor dobre formado por unha cámara de 13 megapíxeles e apertura f/1.8 e outra de 8 megapíxeles gran angular f/2.4. Por outro lado, na cámara dianteira temos un lente de 5 megapíxeles con angular 120 graos e f/1.9.

A batería é de 3000 mAh de capacidade con carga rápida e dispón de resistencia á auga e pó segundo o estándar IP68. O sistema operativo é Android 7.0 Nougat coa interface LG UX 5.0. 

Non cabe dúbida de que un dos aspectos que máis destaca deste terminal é o multimedia, ofrecendo a posibilidade de gravar vídeo en 4K e con son de calidade grazas ao DAC de audio Quad de 32 bits que permite crear audio en FLAC con calidade de até 24 bits / 192 KHz.

Prezo e dispoñibilidade

Polo de agora temos información unicamente de Italia, onde o LG Q8 xa apareceu na web da compañía e está previsto que se poña á venda en xullo, polo que sería de imaxinar que tamén chegaría ao mercado español. Sobre o seu prezo aínda non temos información, pero podemos intuír que rondará os 600 euros.

Sobre o autor

Reply