Chega agosto, e con el outra suba de prezos en Movistar Fusión

Cada vez é máis raro atoparnos cunha operadora que ofreza boas novas no que ten a ver coas súas tarifas, e Movistar non ía ser a excepción. Coincidindo co aumento dos 8 aos 10 gigas de datos nalgunhas tarifas, aproveita para subir 5 euros a cota mensual que pagan as usuarias.

No concreto, as usuarias afectadas son as que teñen contratado Fusión Total ou Fusión Premium, dúas das opcións converxentes da operadora que engloba varios servizos por unha cantidade fixa mensual. Estas verán como a partir do 18 de agosto os datos medran desde os 8 aos 10 gigas mensuais, a cambio de subir 5 euros ao mes, afectando a unhas 500.000 usuarias deste paquete.

Con esta suba, os prezos quedan deste xeito:

  • Fusión + Ficción Total: 120 €/mes
  • Fusión + Fútbol Total: 120 €/mes
  • Fusión + Premium: 145 €/mes
  • Fusión + Premium Extra: 160 €/mes
  • Fusión + 4 Premium: 170 €/mes
  • Fusión + 4 Premium Extra: 185 €/mes
  • Fusión + 4 Extra Total: 205 €/mes

Polo de agora quedan excluídos desta modificación de prezos as usuarias de Movistar #0, Movistar Fusión Series, Fusión+ Fútbol e Fusión + Ocio. Estas seguirán pagando 60, 45, 60 e 74 € ao mes polo servizo (logo dos períodos de promoción).

Sobre o autor

Reply