Novo Nubia Z17mini, con dobre cámara traseira

Nubia vén de anunciar o lanzamento dun novo smartphone, o Nubia Z17Mini, no que o fabricante aposta pola fotografía, integrando na parte traseira unha cámara dobre de 13 megapíxeles e apertura f/2.2 e na frontal un sensor de 16 megapíxeles con  lente gran angular de 80 graos.

O dispositivo conta cunha pantalla de 5,2 polgadas con resolución Full HD (1920 x 1080 píxeles), e no interior está equipado cun procesador Qualcomm Snapdragon 652, xunto 4 GB de memoria RAM e 64 GB de memoria interna, ampliábeis a través de tarxetas microSD. A súa batería é de 2950 mAh.

En canto ao sistema operativo, está equipado con Android 6.0, lixeiramente modificado para integrar funcionalidades extra, como un simple toque no borde do terminal para acelerar o funcionamento do teléfono, abrir ou pechar apps e mesmo axustar o brillo.

O nubia Z17mini xa se pode adquirir no noso país a través da rede de distribución que inclúe as tendas de Phone House, FNAC e Telecor por un prezo de 369 euros.

 

Sobre o autor

Reply