Estes son os modelos de Sony que actualizarán a Android 8 (e os que non)

Con agosto case mediado, vai quedando menos para a chegada do outono, a época na que Google adoita anunciar as novas versións do sistema operativo Android. Como sempre que falamos dunha nova actualización, temos que poñer o foco nos terminais confirmados para recibila, mais tamén naqueles que quedan sen recibir a nova dose de Android e, polo tanto, condenados ao esquecemento.

A pesar de non pasar polo seu mellor momento, Sony é un dos fabricantes que mellor traballan o tema de actualizacións, achegando a moitos deles as últimas versións. Semella que o fabricante nipón ten previsto seguir nesa mesma liña con Android 8, polo que é relevante a filtración da listaxe de dispositivos que recibirán esta nova versión, previsibelmente no mes de decembro. Son os seguintes:

  • Sony Xperia XZ Premium
  • Sony Xperia XZS
  • Sony Xperia XA1
  • Sony Xperia L1
  • Sony Xperia X Compact
  • Sony Xperia XZ
  • Sony Xperia X Performance
  • Sony Xperia X
  • Sony Xperia XA1 Ultra
Con estes datos, sorpréndenos (para ben) ver que hai modelos pertencentes a todas as gamas e non só ás altas, que habitualmente son as que máis preocupan aos fabricantes á hora de priorizar as actualizacións.

Do mesmo xeito, a filtración tamén descubre cales serán os modelos que non van recibir máis actualizacións de software importantes, é dicir, que non recibirán Android 8, aínda que poderán ter algunha pequena actualización de seguridade. Serán estes:

  • Sony Xperia Z4
  • Sony Xperia Z3
  • Sony Xperia M5
  • Sony Xperia Z4V
  • Sony Xperia C5 Ultra
  • Sony Xperia C5
  • Sony Xperia M4 Aqua
  • Sony Xperia C5

No limbro de non saber se actualizarán ou non a Android O queda toda a familia Z5 (Z5, Z5 Premium e Z5 Compact), ademais do Xperia XA e o Xperia E5.

Haberá que agardar aínda unhas semanas para ver como Sony xestiona estas actualizacións, mais tamén para descubrirmos que teñen pensado facer o resto de fabricantes cos seus terminais.

About The Author

Reply