R recupera o “Combo Estudantes” co inicio do curso

Un ano máis a operadora galega R recupera, co inicio do curso, o “combo estudantes“. Trátase dun produto deseñado para as estudantes que cursan unha carreira, un ciclo de formación profesional ou un máster (entre outros) e destaca por carecer de permanencia.

En total R ofertará tres variantes deste combo estudantes para o curso 2017 – 2018, dúas das cales contan unicamente con Internet e unha terceira, máis completa, que tamén ten televisión.

  • Combo estudantes 200 megas (35 €/mes). É un produto de Internet (sen fixo) con velocidade 200 / 20 megas e wificlientesR.
  • Combo estudantes 350 megas (39 €/mes). Semellante á opción anterior, a velocidade neste caso é de 350 / 35 megas.
  • Combo estudantes 350 megas con tv festa e desco 4K (49 €/mes). Esta é a alternativa máis completa e conta cunha conexión a Internet de 350 / 35 megas e a opción “tv festa”, que inclúe máis de 70 canles (entre eles Movistar Series, Series Xtra, FOX, AXN, …) e acceso á televisión a través do móbil. Así mesmo, tamén leva o novo desco 4k con Android, función Google Cast e un gravador na nube de 350 horas.

Estes combos de 200 e 350 megas non teñen permanencia, mentres que a opción con televisión ten unicamente 9 meses. Pódense activar desde este momento até o 30 de setembro de 2017, e para facelo hai que presentar documentación que acredite a condición de estudante.

Máis info | R

About The Author

No Responses

Reply