Tuenti aumenta significativamente os gigas nas súas tarifas

A competencia entre as diferentes operadoras está a facer que as ofertas sexan cada vez máis agresivas, non tanto no económico como no aumento das franquicias de datos, dando así cumprimento a unha das principais demandas das usuarias.

Tras ter multiplicado por tres os datos no verán, Tuenti (marca de baixo custe de Movistar) vén de anunciar as súas novas tarifas de cara a campaña de inverno, de maneira que estas quedan como segue:

  • 1,5 GB por 6 €/mes. A tarifa actual de 1 GB aumenta en medio giga extra.
  • 11 GB por 14 €/mes. Esta tarifa pasa dos 4 aos 11 GB.
  • 20 GB por 20 €/mes. A proposta máis ambiciosa tamén ve case multiplicada por tres a súa franquicia de datos, pasando de 7 a 20 GB.

Todas estas tarifas levan de base chamadas nacionais ilimitadas a través de vozIP e chamadas GSM por 0 céntimos / minuto cun establecemento de 20 céntimos, aínda que tamén se poden aplicar bonos de 50 ou 120 minutos, así como chamadas ilimitadas. Por outra banda, unha vez rematados os datos incluídos na tarifas redúcese a velocidade de navegación a 64 kbps.

About The Author

Reply