O ZTE Blade A6 con 5000 mAh de batería chega ao noso país en exclusiva en Media Markt

ZTE vén de anunciar esta semana o lanzamento no noso país dun dos seus últimos smartphones de gama media, o ZTE Blade A6. Trátase dun dispositivo que destaca pola súa batería de gran capacidade (5000 mAh) e que se venderá exclusivamente nos establecementos Media Markt.

O trebello incorpora unha pantalla de 5,2 polgadas con resolución Full HD (1920 x 1080 píxeles, 424 ppp), e no seu interior alberga un procesador Qualcomm Snapdragon 435, de oito núcleos a 1,4 GHz, 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna ampliábeis a través de tarxetas microSD de até 128 GB.

No apartado fotografico temos unha cámara traseira de 13 megapíxeles con sensor CMOS e autofocus, mentres que na frontal dispomos dunha cámara de 8 megapíxeles. Ambas as dúas fican na media do esperábel nun dispositivo destas características.

En calquera caso, o máis interesante deste trebello é a súa batería, que se sitúa nos 5000 mAh de capacidade con carga rápida, o que nos ofrece unha autonomía de tres días sen moito problema. O seu sistema operativo é Android 7.0 Nougat e leva dobre SIM para poder empregar dúas redes móbiles.

O novo ZTE Blade A6 pódese mercar por 179 nos establecementos Media Markt, onde se venderá en exclusiva de momento na cor negra. Porén, é máis que factíbel que nas próximas semanas aumente o número de distribuidores onde poder mercalo.

Sobre o autor

Reply