LG anuncia o LG V30, o mellor terminal da marca dos últimos anos

LG vén de anunciar no IFA de Berlín o lanzamento dun novo terminal, o LG V30, o segundo dispositivo de gama alta da compañía no que vai de ano, logo do LG G6 presentado no marco do Mobile World Congress. Con deseño claramente inspirado no G6, o novo LG V30 avanza no concepto de móbiles sen marcos, aproveitando ao máximo o panel frontal do trebello.

O novo dispositivo do fabricante surcoreano integra unha pantalla de 6 polgadas tipo OLED con resolución 1440 x 2880 píxeles (537 píxeles por polgada), protección Corning Gorilla Glass 5, Dolby VIsion e HDR10. No seu interior alberga o procesador Qualcomm Snapdragon 835, xunto con 4 GB de memoria RAM e 64 ou 128 GB de memoria interna.

No apartado fotográfico temos un sistema formado por dúas cámaras, unha de 16 megapíxeles con apertura f/1.6 e estabilización óptica e outra de 13 megapíxeles, apertura f/1.9 e gran angular. No caso da cámara frontal temos un sensor máis normaliño, de 5 megapíxeles.

A súa batería é de 3.300 mAh de carga rápida e con carga inarámica. Ademais, leva tecnoloxía DAC de audio, USB Tipo C e sensor de pegadas dixitais, soporte Daydream e protección contra auga e pó segundo o estándar IP68.

Dispoñibilidade e prezo

O LG V30 estará dispoñíbel o 21 de setembro en Corea do Sur, e proximamente noutros países de todo o mundo, entre eles o noso. Porén, o seu prezo naínda non foi desvelado.

About The Author

Reply