O Xiaomi Redmi Note 5A aposta por unha pantalla de 5,5 polgadas desde 90 euros

Xiaomi é un dos fabricantes máis coñecidos polos seus terminais que combinan unhas prestacións bastante atractivas cuns prezos contidos, algo que se repite no novo Xiaomi Redmi Note 5A, un dos últimos dispositivos da marca asiática.

O que máis destaca deste terminal é a súa pantalla, un panel de 5,5 polgadas de tamaño, aínda que con resolución HD 720 píxeles. No seu interior alberga procesadores de gama media (Qualcomm Snapdragon 425 ou 435, segundo versións), así como un opcións de 2, 3 e 4 GB de memoria RAM e 16, 32 ou 64 GB de memoria interna, en todos os casos ampliábeis a través de tarxetas microSD.

No apartado multimedia, a cámara traseira é de 13 megapíxeles con flash LED, mentres que a frontal queda nuns máis sinxelos 5 megapíxeles. Completan a lista de especificacións unha batería de 3080 mAh de capacidade, un lector de pegadas dixitais situado na parte traseira do dispositivo e Android 7.1.1. Nougat como sistema operativo, aínda que camuflado mediante a capa MIUI 9.

Dispoñibilidade e prezo

Como xa comentamos ao comezo deste artigo, o Xiaomi Redmi Note A5 destaca polo seu prezo. O modelo máis básico (con procesador Qualcomm Snapdragon 425, 2 GB de RAM e 16 GB) pódese adquirir por uns 90 euros ao cambio, mentres que o modelo superior (Snapdragon 435, 3 GB de RAM e 32 GB) custa 150 euros. Do modelo de 4 GB + 64 GB non se coñece o prezo.

About The Author

Reply