MasMóvil mellora as súas tarifas con máis gigas e baixando prezos

MásMóvil vén de anunciar unha serie de melloras nas súas tarifas, consistentes no aumento dos gigas incluídos nas mesmas ou en baixadas de prezo. Estas novidades afectan tanto ás usuarias de liñas móbiles soltas como a aquelas que teñen contratado servizos converxentes fixo – móbil.

As tarifas máis básicas aumentan un giga, mantendo as chamadas ilimitadas, mentres que a que ten unha cantidade de datos maior reduce o seu prezo, quedando como segue:

  • MÁS 2 GB (16,90 €/mes). Chamadas ilimitadas e 2 GB de datos (antes 1 GB)
  • MÁS 4 GB (19,90 €/mes). Chamadas ilimitadas e 4 GB de datos (antes 3 GB)
  • MÁS 8 GB (24,90 €/mes). Chamadas ilimitadas e 8 GB de datos (reduce a cota)

Liñas adicionais

No caso das liñas adicionais (produto dispoñíbel para persoas que teñen contratado un paquete de ADSL / Fibra + fixo e móbil), Masmóvil ofrecía un desconto permanente do 10% da tarifa escollida para estas, desconto que agora sube até o 30%.

Por outra banda, as dúas liñas de móbil gratuítas que MásMóvil regala ás usuarias de produtos converxente engaden 20 minutos en chamadas, que se suman aos 500 MB para navegación.

Fibra simétrica

Finalmente, MásMóvil tamén mellora a capacidade da súa fibra 50 megas, que agora pasa a ser simétrica sen que isto supoña un aumento de prezo na cota.

Con estas novidades Masmóvil avanza no camiño de ser un operador completo, competindo cos grandes no prezo como principal baza para a captación de clientes. Haberá que estar atentas á evolución deste grupo que tamén inclúe a Yoigo e Pepephone, mais todo apunta a que nos próximos meses van seguir dando moito que falar.

About The Author

Reply