Así son os novos CAT S41 e S31

A empresa CAT, especializada en terminais de gran resistencia, ven de presentar dous novos terminais que son quen de sorportar usos en calquera tipo de condición climatica e de uso.

Estes dous novos dispositivos son o CAT S41 e o CAT S31. En canto ás súas especificacións destacamos:

CAT S41

  • Pantalla de 5 polgadas FHD con Gorilla Glass 5.
  • Procesador Mediatek de oito núcleos a 2.3 Ghz.
  • 3 GB de RAM.
  • 32 GB de almacenamiento interno máis SD.
  • Cámara principal de 13 Mpx e 5 mpx para a secundaria.
  • Batería de 5.000 mAh.
  • Ademáis conta con IP68, resistencia a caídas e certificación militar 810G.

CAT S31

  • Pantalla de 4,7 polgadas HD con Gorilla Glass 3.
  • Procesador Qualcomm de catro núcleos a 1.3 Ghz.
  • 2 GB de RAM.
  • 16 GB de almacenamiento interno ampliable mediante SD.
  • Cámara principal: 8 Mpx e secundaria de 2 MPX.
  • Batería de 4.000 mAh.
  • Ademáis conta con IP68, resistencia a caídas e certificación militar 810G.

Coma adoita ser nestes casos, non atopamos hardwares de primeiro nível, se non que o que máis importa é acadar un dispositivo que aguante todo tipo de usos en todas as situacións posíbeis por duras que sexan. Un exemplo, o CAT S41 pódese mergullar 2 metros dudrante 1 hora, mentres que o S31 soporta 1,2 metros durante 35 minutos, o que non está nada mal.

Os prezos son de 329€ para o CAT S31, e sen data de comercialización, mentres que o CAT S41 vaise até os 449€, que podemso atopar xa, na web do fabricante.

About The Author

Reply