Os novos Google Pixel presentaranse o próximo 4 de outubro

Marcade a data. O mércores 4 de outubro é a data elixida por Google para presentar os novos Pixel 2 e Pixel XL 2, os dous novos terminais da compañía. Ese día coñeceremos dous dos máximos representantes do ecosistema Android.

 

 

A diferenza de outras ocasións, polo de agora non hai moita información sobre as características destas dúas equipas, máis aló de que o Pixel XL 2 e que será fabricado por LG. Istos sabémolo grazas á Federal Communications Commission (FCC), a entidade de certificación americana, que publicou o código ZNFG011C. Os dispositivos fabricados por LG son os que comezan por ZNF, o que serviu para confirmar o fabricante detrás deste modelo.

Estes dous terminais non serían os únicos aparellos que presentarán ese día, pois tamén agardamos que na mesma data presenten altofalantes intelixentes cun botón adicado para Google Assistant grazas a unha nova plataforma que vai facer posible esta interacción e que se chama Bisto.

Ademáis as filtracións apuntan a que a empresa de son Bose, xa ten preparados uns altofalantes de diadema, con esta funcionalidade integrada que nos permitirá interactuar con calquera dos gadgets de Google que teñan presente Google Assistant.

O 4 de outubro está ao caer, así que xa non queda nada para coñecer estas e outras novidades que presentará Google.

Sobre o autor

Reply