Google faise con 2000 enxeñeiras de HTC por 1100 millóns de dólares

Nas últimas horas diversos rumores apuntaban a que Google tería mercado a división móbil de HTC, tal e como no seu momento fixera con Motorola. Porén, a compañía de Mountain View vén de confirmar de primeira man o seu movemento, consistente na compra de parte desa división.

En concreto Google faise con parte da división móbil de HTC, en concreto co seu equipo de innovación, formado por unhas 2000 enxeñeiras. A operación custoulle 1100 millóns de dólares, unha cifra bastante superior á que apuntaban algúns medios onte, arredor dos 330 millóns.

Con este movemento, Google volve centrarse na fabricación de hardware, un aspecto no que xa ten experiencia con Motorola, marca que mercou cando non pasaba polo seu mellor momento, conseguindo reflotala e vendela a Lenovo. Agora só queda agardar para ver que fai exactamente co equipo mercado a HTC, pois poderíamos estar ante un movemento similar ao de Motorola ou, pola contra, no comezo dun plan para ser un fabricante máis de hardware e poder seguir aumentando o proxecto “made by Google”.

About The Author

Reply