Un novo logo na caixa diranos se o smatphone é seguro antes de mercalo

O tema da seguridade nos nosos dispositivos é un aspecto do que cada vez máis xente toma consciencia. Para garantir esta seguridade Google desenvolveu unha tecnoloxía chamada Google Play Protect, cada vez máis presente e visíbel.

Google Play Protect escanea automaticamente o noso terminal para ver se algunha das nosas aplicacións non cumpre cos estandares de seguridade de Google, recibindo unha notificación en tal caso.

Segundo confirmou Google, nas caixas dos dispositivos que se irán poñendo á venda a partir de agora (e, obviamente, que cumpran cos estándares de seguridade de Google) aparecerá o logotipo de Google Play Protect.

Sobre o autor

Reply