Probamos Instamant, unha aplicación para manter o teu coche en bo estado

Cantas de nós somos uns desastres á hora de facer o mantemento do coche cando toca, lembrarse de pasar a ITV, renovar ou non o seguro…? De seguro, o noso coche só pisa o taller cando di até aquí, non podo máis. Para evitar multas, ou gastos elevados en reparacións por falta de mantemento, hoxe queremos achegarvos Instamant, unha app que concetra todas as nosas necesidades nunha soa app.

O primeiro a ter en conta é que temos que estar logueados na aplicación para poder usala. Unha vez feito isto, Instamant déixanos ter máis dun coche en seguemento. Algo lóxico por outra banda, pois a día de hoxe é normal que os fogares conten con máis dun.

Ao engadir as características básicas do coche (marca, modelo, motorización) podemos engadirlle moitos máis detalles para sacarlle o maior partido posíbel á app. Entre estes datos extra, destacamos os kms que levamos, o bastidor do coche, até a medida e marca da roda, datas varias (caducidade da ITV, do carnet de conducir ou do seguro) e mesmo a cor.

Cos datos ben cubertos, podemos solicitar presupostos que nos ofrecen os talleres da nosa zona para todo tipo de necesidades: alineado dirección, alumbrado, amortiguadores,…. e deste xeito aforrarnos tempo en visitar/chamar a diferentes talleres para ver do presuposto que máis se axusta ás nosas necesidades.

Para recibilo só temos que solicitalo, recibindo un email desde Instamant co resumo do que pedimos onde nos dín, que en pouco tempo mandaranos o presuposto e que terá unha vixencia de 20 días.

Ademáis de cubrirnos as costas coas necesidades propias do vehículo, tamén temos outra moita información que pode ser de axuda. Por exemplo, temos un acceso directo, onde ver onde podemos atopar a gasolina máis barata ao noso redor, podendo ir a tiro fixo ademáis de ver nun mapa as gasolineiras máis próximas.

Neste mapa, contamos con varios filtros e deste xeito podemos ver ademáis das gasolineiras, os talleres, estacións de lavado e parkings da zona por onde no movemos.

Outra sección de interese é o panel extras onde temos información variada relacionada co coche, que pasa por conseguir direccións de psicotécnico, centros de ITV e mesmo un apartado de descargas onde atopar partes amistosos, tal e como vedes na captura.

Os días que estivemos probando a app só atopamos un erro de localización dos talleres ou gasolineiras, é dicir, o mapa é bastante completo pero algúns lugares non estaban ben colocados no mapa e se nos guiamos pola app, teremos problemas. Agora ben, o resto de funcionalidades resulta de moita axuda para as máis despistadas, que precisamos ter a algunha persona que nos lembre que temos que levar o coche ao taller antes de que o problema sexa peor ca un simple traballo de mantemento.

Instamant, é unha app que podemos atopar de balde na Play Store totalmente de balde. Animádesvos a probala?

About The Author

2 Comments

  1. Maria 2 Outubro, 2017 Responder
  2. Antonio 2 Outubro, 2017 Responder

Reply