Vodafone lanza novos bonos para vídeo e mapas sen gastar datos da tarifa

Vodafone vén de anunciar o lanzamento de dous novos bonos “Vodafone Pass“, que permiten disfrutar dunha serie de aplicacións sen consumir datos das tarifas contratadas. Trátase de Maps Pass e Vídeo Pass, que se suman aos xa existentes Music Pass e Social Pass.

As usuarias que contraten Maps Pass (3 €/mes) poderán empregar Google Maps, Google Earth, Here, Tomtom, iCoyote e Waze sen límite de descarga de datos, mentres que aquelas que escollan Video Pass (8 €/mes) terán acceso ilimitado ao tráfico de YouTube, HBO, Netflix, Vimeo, Dailymotion, YouTUbe Kids, Vevo, Rakuten TV, Twitch, Fox News e Vodafone TV Online, iso si, a baixa resolución. De querer disfrutar  de contidos en 1080p sen límites haberá que pagar Video HD Pass, por 17 €/mes.

Os cambios tamén chegan aos bonos xa existentes, que melloran as súas condicións. Por unha banda, Music Pass rebaixa a súa cota dos 5 aos 3 €/mes e incorpora Tidal ás apps xa incluídas ao comezo (Spotify, SoundCloud, Deezer, Apple Music e Napster. Por outro lado, Social Pass inclúe agora Grindr, Badoo, Meetic, Adpotauntio e Periscome, que se suman a Twitter, Facebook, Instagram, Snapchat, LinkedIn, TInder, Flickr e Tumblr.

Dispoñibilidade

Os novos servizos incluídos en Vodafone Pass xa se poden contratar a través das canles habituais (Mi Vodafone ou no 1444), e pódense probar durante un mes de forma gratuíta sen permanencia.

About The Author

Reply