O Meizu Pro7 chegará ás tendas o próximo 17 de outubro

O próximo martes 17 de outubro porase á venda o Meizu Pro7 no noso país, aínda que aquelas usuarias que teñan feito a pre-reserva poderán adquirir os seus dispositivos a partir do día 16, apenas 24 horas antes do lanzamento. Trátase dun dos últimos modelos de Meizu e o actual buque insignia, un dispositivo presentado pola compañía chinesa o pasado mes de xuño.

Se por algo destaca este modelo é pola presenza dunha pantalla traseira AMOLED de 1,9 polgadas para notificacións, que permite ás usuarias acceder e xestionar estas dunha maneira rápida e sinxela. Por outro lado tamén incorpora unha dobre cámara Sony de 12 + 12 megapíxeles (sensor IMX386) que conta cun algoritmo 4-en-1 que se activa automaticamente en ambientes escuros, duplicando o rendemento fotosensíbel e permitindo a realización de fotografías de alta calidade mesmo pola noite.

A pantalla principal é de 5,2 polgadas con resolución 1920 x 1080 píxeles, e no seu interior temos un procesador MediaTek Helio P25, xunto con 4 GB de memoria RAM e 64 GB de memoria interna (ampliábeis mediante traxetas microSD). Poal súa banda, a batería é de 3000 mAh de capacidade e como sistema operativo leva Android 7.0 Nougar coa personalización Flyme 6.

O novo Meizu Pro7 poderase mercar por 499 euros a través da tenda oficial da marca e tamén nas tendas The Phone House e PC Componentes en cor negro, aínda que a partir do 1 de novembro tamén estará dispoñíbel unha versión en vermello.

About The Author

Reply