Digi Móbil activa o 4G para toda a súa clientela

A operadora virtual Digi Móbil vén de anunciar a activación para toda a súa clientela da tecnoloxía 4G, sen que isto supoña unha alteración de prezos nin a necesidade de ter que realizar operacións adicionais, como cambios de SIM ou modificacións de tarifa.

Deste modo, as usuarias desta compañía poden disfrutar de chamadas máis seguras e unha velocidade de conexión até oito veces superior á que tiñan co servizo en 3G. Trátase dun dos pasos máis importantes para a compañía, e unha resposta á unha das maiores demandas da clientela.

Digi Móbil pertence ao grupo RCS&RDS, compañía con presenza en Rumanía, Italia, Hungría e España, e é dos poucos operadores virtuais que operan coa cobertura de Movistar.

About The Author

Reply